Abrimos o ''Internet Explorer'' e na caixa do buscador escribimos: '''descargar firefox'''

Aparecerannos varias respostas, buscamos a que corresponda coa páxina oficial ([http://mozilla.europe.org/es/firefox http://mozilla.europe.org/es/firefox]).
[[Imagen:Instalar-FF-win7-1.png|320px|center]]

Ten que aparecernos unha páxina como a que segue, calquera outra non será a '''oficial'''
[[Imagen:Instalar-FF-win7-2.png|320px|center]]

Para descargalo en castelán, prememos na imaxe:
[[Imagen:Instalar-FF-win7-2a.png|320px|center]]

Se queremos obter o Firefox en galego, xusto embaixo da imaxe anterior vemos a lenda '''Notas de la versión ─ Otros sistemas e idiomas''', prememos en '''<u>Otros sistemas e idiomas</u>'''
[[Imagen:Instalar-FF-win7-2b.png|320px|center]]

Na segunte pantalla, desprazamos cara abaixo ata chegar a liña do galego
[[Imagen:Instalar-FF-win7-3.png|320px|center]]

Onde premeremos en '''<u>Download</u> á beira do anagrama de windows
[[Imagen:Instalar-FF-win7-3a.png|320px|center]]

Seguido calquera dos dous camiños anteriores, chegamos este punto, no que debemos decidir se gardar ou executar o ficheiro, recomendo (por ser máis sinxelo) que premamos en '''Ejecutar'''
[[Imagen:Instalar-FF-win7-4.png|320px|center]]

Confirmamos a execución, premendo ahora tamén en '''Ejecutar'''
[[Imagen:Instalar-FF-win7-5.png|320px|center]]

Dámoslle permiso, premendo en '''Sí'''
[[Imagen:Instalar-FF-win7-6.png|320px|center]]

Aparece a pantalla de ''benvida'' de Firefox, prememos en '''Seguinte'''
[[Imagen:Instalar-FF-win7-7.png|320px|center]]

Confirmamos a instalación estándar, premendo en '''Seguinte'''
[[Imagen:Instalar-FF-win7-8.png|320px|center]]

Esta pantalla que aparece agora e '''MOI IMPORTANTE''', aseguremonos de que estea marcada a opción de '''Utilizar Firefox como navegador predefinido''', e prememos en '''Instalar'''
[[Imagen:Instalar-FF-win7-9.png|320px|center]]

Esta nova pantalla, preguntanos se queremos importar datos do Internet Explorer cara ao Firefox, se temos marcadores de páxinas (favoritos) e queremos conservalos, deixamos a opción predeterminada, se queremos que Firefox estea limpo de calquera desas cousas, marcamos a opción '''Non importar nada''', neste caso recomendo que se faga así, unha instalación totalmente limpa. Prememos en '''Seguinte'''
[[Imagen:Instalar-FF-win7-9a.png|320px|center]]

E xa rematamos a instalación, so temos que premer en '''Finalizar'''
[[Imagen:Instalar-FF-win7-10.png|320px|center]]

E Firefox abresenos con dous separadores activos, a presentación de '''Persona'''
[[Imagen:Instalar-FF-win7-11.png|320px|center]]

É a páxina do buscador ''google'''
[[Imagen:Instalar-FF-win7-12.png|320px|center]]

Se nos fixamos, veremos que agora no escritorio temos unha icona de acceso directo a Firefox
[[Imagen:Instalar-FF-win7-12a.png|80px|center]]

E que tamén foi engadido no menú de '''Inicio'''
[[Imagen:Instalar-FF-win7-12b.png|160px|center]]

<!-- Categoría: -->
[[Categoría:As redes sociais e a seguranza persoal ─ Ferramentas de control paterno]]

